Esta noite de san Xoán - SINGLE
Esta noite de san Xoán - SINGLE (2023)

01. Esta noite de san Xoán

Esta noite de san Xoán arderemos
como ardiamos sempre
cando non mirabamos tanto atrás.

Cando o importante era o real.
Cando estaba todo por inventar.

Saltaremos sobre as miles de ascuas
que fomos soltando
e que o medo tentará de novo prender.

Como se o foramos deixar entrar
como cando non podiamos máis.

Esta noite de san Xoán arderemos
como ardiamos nós.

Faus Camaño: percusións
Ibán Pérez: batería
Daniel Santos: coros
Anxo Araújo: voz, guitarras, sintetizadores e teclados


Letra e música: Anxo Araújo.
Gravado e mesturado entre Unha Casa Calquera (Poio) e Estudio Terraforma (O Hío).
Masterizado por Victor García en Ultramarinos (CAT).
Por que tivemos que discutir? - SINGLE
Por que tivemos que discutir? - SINGLE (2023)

01. Por que tivemos que discutir?

Alegría nas palabras
que erixiron esta casa.
Alegría ao facer café.

Nos centos de miradas
e en tender a coada
os martes e os venres.

Alegría que disipa tormentas en alta mar.
Alegría cando almorzarmos tarde xunto con Antònia Font.

Cada instante de cada día
cunha ollada comprendemos o que está a suceder.
Cada instante de cada día
cunha ollada comprendemos o que está a suceder.

Alegría nestas plantas
que mercamos onte na praza.

Nas catedrais levantadas
con corenta gargalladas.

Cada instante de cada día
cunha ollada comprendemos o que está a suceder.
Cada instante de cada día
cunha ollada comprendemos o que está a suceder.

E dime, por que tivemos que discutir?
E dime, por que?

Faus Camaño: batería e percusión
Xacobe Lamas: violín
Ibán Pérez: trompeta
Daniel Santos: palmas
Anxo Araújo: voz, guitarras, baixo e teclados

Letra e música: Anxo Araújo.
Gravado e mesturado entre Estudio Terraforma (O Hío) e Unha Casa Calquera (Poio).
Masterizado por Victor García en Ultramarinos (CAT).
Plan de urbanismo para un novo couto mixto
Plan de urbanismo para un novo couto mixto (2021)

01. Canción perfecta

Buscando a canción perfecta,
o himno pop que sexa un pedazo de nós.
Un soño contado nesa canción perfecta,
o hit dunha nova era,
dun novo mundo ao meu redor,
un tema de cabeceira para este amor
sen ser outro charramangueiro máis.

Buscando a canción perfecta
coa música correcta,
un novo xiro de guión
que faga que todo pareza que é máis amábel,
máis por favor,
que todo pareza que é moito mellor.

Poñeremos toda a intención na canción perfecta.

Buscando a canción perfecta,
o himno pop que sexa un pedazo de nós.
Un soño contado nesa canción perfecta,
un novo mundo ao meu redor
que é moito mellor.

02. Feng Shui

O tempo pasa tan lento
que ata é imposíbel calar,
o tempo pasa tan lento se lonxe ti estás.

O ritmo faise pesado
e non hai mareas nin ventos xa aquí,
o ritmo faise pesado se non podes vir.

É moito mellor, é puro feng shui,
compartir o mundo con ese sorrir.
Non preciso máis nada para vivir.
É moito mellor.

Que pasear polas estrelas
no foguete do doutor Zarkov,
que ter mil súper poderes
ou unha conta desas no banco criminal das illas Caimán
que, por moito que digan, non vale máis.

É moito mellor que ser invisíbel cando veñen mal
ou que aquel imposíbel de poder bailar
un ‘slow with you tonight’.

É moito mellor, é puro feng shui,
compartir o mundo con ese sorrir.
Non preciso máis nada para vivir.
É puro feng shui.

03. A Guerra Mundial

Xa rematou a Guerra Mundial
sen ningún acordo ou trato de paz,
sen posibilidade de volver atrás.

(Atrás) quedarán esas crises sen máis,
os tempos bonitos e o triste pechar.
Déixaos estar, déixaos estar alá.

Pois si, rematou a Guerra Mundial
e o tempo na fronte xa nunca voltará,
e nós crendo que iso era amar.

(Amar) terminou por nos esgotar,
deixounos fundidas sen forzas para máis,
cun balance extra oficial de dúas feridas mortais.

"Vai sendo hora que veñas verme,
vai sendo hora de reflexionar..."
Non, máis ben, é hora de por o punto e final.

04. Antinuclear

Montaremos unha mesa informativa
no centro da capital,
repartiremos na praza os folletos,
globos ás crianzas
e a quen queira unha postal.

Contaremos coa mellor megafonía mundial,
coa mellor coa que poidamos contar,
chamaremos a unha orquestra das de antes
que toque A Vitoria de tema final
e a esquecer o que foi mal.
O que foi tan mal.

Despois iremos ata a porta do garito
que sempre tiñamos que evitar,
pintaremos ben grandes os nosos nomes
e cinco mariachis rolarán detrás.

Colarémonos nunha festa privada,
e na voda de non sei quen,
bañarémonos nas fontes da cidade
ata que o alcalde o proclame tamén.
Si, el tamén.

E coas palmas bateremos pandeiretas,
tentarei ata algún punto eu bailar,
e así deixaremos que amenza o día
vendo as nosas caras na prensa local.

E fuxiremos cara o mar ou costa arriba
que o recado quedou ben dado xa,
construiremos un refuxio xa para sempre
que sempre será antinuclear.

05. Apoloxía

Eu sempre soñei vivirmos illados
nunha pequeniña vila de mar.
Roubarlle ao tempo a iniciativa
e reencontrarnos co esencial
mais pasan os días
e sigo sen ser protagonista neste ser.


E aquí, en silencio, mentres tanto,
agardo que volva a lucidez
e deixe de sentirme experimento
de quen non quere comprender
que eu a apoloxía que fago é de ti
e dos teus ollos que me fan seguir.

06. Desastre Natural

Non vou gastar nin un só minuto de vida falando de ti.
Non mereces nin sequera un segundo,
estarás sempre lonxe de min.
Non vou darche a batalla.

Non repetirei as verbas que si me dedicaches ti,
Hei deixar as miñas forzas en cousas que aportan e fan ser feliz,
como estar hoxe aquí.
Non vou darche a batalla.

Sei que precisarías xustificalo como un desastre natural.

07. Fomos

Fomos un equipo de primeira división,
fomos o tempo perdido,
unha especie en extinción.

Fomos campo sementado,
a esperanza e a ilusión.
Os paxaros que crían que era doado
que puidera levantar calquera o voo.

E nunca puidemos ser parte da mesma pel.

Fomos da maneira que mellor nos funcionou,
un espazo tan baleiro
que ao final sobordou.

Unha infinita bondade
e o silencio do terror.
Fomos parte de retrousos mil.
Fomos carne de canón.

E nunca quixemos ser parte da mesma pel.

Fomos un equipo de primeira división
mais nunca puidemos ser parte da mesma pel.

Fomos da maneira que mellor nos funcionou
mais nunca quixemos ser parte da mesma pel.

08. As túas historias

Canseime de min,
de verme así,
de tanto que perdín con todo isto
en tan pouco tempo.

Canseime de ti,
de verte así,
botándolle pólas seguido ao incendio
para despois saír correndo outra vez.

Dis que hai xente que si,
que o quere así,
que mataría por verse nunha como esta
e iso a min xa non me afecta.

Xa non.
Canseime de tanto conto.

Veña, deixa o tema xa,
todo seguinte paso será sen as túas loias
e as túas historias.

Non hai nada que arranxar
en prototipos que xamais funcionaron,
é mellor tiralos.

Deixa de quererme así,
deixa de quererme así,
deixa de quererme así,
queixa de querer verme así.

Canseime de tanto conto.

09. Monte Louro

Amence no Monte Louro,
raia o sol escapando do mar.
Enlazadas as amantes espertan coa calma do lugar.
Ule a vida e non vamos deixar un minuto escapar.
Ule a vida e non vamos deixar que quede atrás.

Ti espida na procura das ondas
mentres eu aínda vou polo areal.
Ese océano tan vivo semella que por ti estaba a agardar
para fundirse coa súa favorita serea.
Para repetir de novo ese ritual.
Para repetir de novo coa súa favorita.

Anoitece no Monte Louro
cun solpor magnético.

Non volveremos xamais.
Nós quedamos.
Non hai moito máis que pensar.
Merecemos este mundo,
o futuro empeza xa.

10. Propósito de emenda

Dende a caseta ate a meta queda moito por andar
e ata é posíbel que pretendas coma sempre vir detrás
para turrar e máis turrar e máis turrar,
preténdesme frear,
e aínda non souben o xeito de podelo aproveitar.

Éche importante cada instante,
xa é difícil respirar,
izar as velas e navegar un deserto tropical
e ti a puxar e máis puxar e máis puxar,
preténdesme parar,
e aínda non souben o xeito de podelo aproveitar.

Gravado e mesturado por Anxo Araújo en Unha Casa Calquera.
Masterizado por Victor Garcia en Ultramarinos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de usuario. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración do teu navegador ou obter máis información sobre as cookies a través da nosa Política de Cookies